Saímos outro ano máis do Freixo, invitados polos nosos colegas da A.C. Terra de Outes.

O tempo fai falla para remontar os bancos de area, os baixos e o río, aproveitando a subida da marea; pero o tempo pasa axiña e non se pode despistar un…: canto máis nos demoremos, máis teremos que remar no último tramo…

Estamos aquí chegando á Pontenafonso, e hai que baixar os paus para pasar por baixo.

Tivemos sorte esta vez, que o vento tamén acompañou río arriba.

Chegamos a sitios pouco frecuentados….

…aínda que tamén é posible chegar por terra.

 

Un merecido descanso atracados no peirao da central, e a repoñer forzas para o descenso! (Aínda que para abaixo, co cambio de marea, o río agora axuda…).

A participación da A.C. MAR DE MUROS nesta actividade está subvencionada polo Concello de Muros: