…e aproveitamos para navegar pola ría interior (illa da Creba adentro…), con desembarco en Broña incluído!

O día non acompañaba moito para o desembarco (había que mollarse) nin para o picnic, pero aproveitamos que tiñamos os barcos no Freixo (para reforzar as xornadas escolares) e dar unhas voltas por esta parte da ría que nos queda máis a desmán da nosa mariña base (Muros).

Pero o día para navegar estaba estupendo, e aproveitaron os novos socios para coller un pouco de práctica…

O día ao final abriu, pero tamén caeu o vento, e aquí, nesta parte da ría na que as mareas teñen gran influencia, houbo que remar para superar a corrente ascendente da marea (menos mal que logo collemos a corrente descendente do río e iso xa axudou a que os novos non claudicasen…).