
No Mar de Muros houbo que reforzar de novo as rodas de proa e popa, entre outras cousas…
Tamén un bance na popa:
E listo!
E, coma sempre, a entrada no estaleiro foi un espectáculo…
E a nós quédanos a botadura…; agora facémolo coa grúa, xa que, ao non ter carro de varada, saíanos máis a conta (e máis seguro para a circulación por carretera), que meter o remolque ao mar, pois non gañábamos para arranxos do mesmo…
Grazas a Ramón. de Estaleiros Catoira, e ao seu equipo, que sempre nos tratan de maravilla…
Tamén grazas á Deputación da Coruña, que subvenciona o 80% dos custes das reparacións:
Pero aínda necesitamos cubrir o 20% restante! Por favor, anímate a colaborar connosco na preservación deste patrimonio marítimo. Grazas!