Navegación ata O Freixo para participar nas xornadas escolares

Co fin de participar nas xornadas escolares Xogando co mar e o vento, trasladamos o Mar de Muros ata o Náutico do Freixo, onde se van celebrar.

O vento do nordés encanoaba pola cabeza da ría, e obrigounos a bolinar a tope, facendo un par de bordos, para entrar no Freixo a favor da corrente.

Boa ocasións para os mariñeiros en práctica, que fixeron a súa primeira travesía…

Ao chegar ao Freixo xa nos esperaban os compañeiros de Mar de Outes