Participación da A.C. Mar de Muros na II xornada de formación «Patroneando o Futuro»

Seguindo o rumbo marcado fai un par de anos por Culturmar, co fin de mellorar a transmisión de coñecementos e a difusión do patrimonio marítimo, patróns da A.C. Mar de Muros participaron nestas xornadas. Unha delas, foi invitada á mesa «Experiencias e retos na formación en vela tradicional’«, xunto con patróns da Escola de Navegación Tradicional ACD Dorna.

Acabou a mesa enlazando coa seguinte: «Proxectos de escola de navegación tradicional en activo’«, coa participación. a maiores da Asociación «A min tamén me justa a dorna meca» e da Asociación «A Gamela «, de Cabo da Cruz.

https://www.facebook.com/hashtag/patroneandonofuturo?__hwl=1