Participación na II Feira Náutica do Freixo

 

Despois da grata participación da I no 2022, non podiamos perder esta importante mostra na nosa ría. Alí estivemos co Mar de Muros e a Visenta

As nosas patroas preparándo para abarloarse no peirao…

Porque o espazo de fondeo é escaso e sempre hai líos cos tira-vira…

Empezamos co izado de velas inaugural:

 

Nesta edición tivemos de novidade a regata de bucetas, na que os máis competitivos remaron coa Visenta:

…mentres outros disfrutaban da navegación a vela…

 

E continuando coa tradición dos carpinteiros de ribeira de Outes (carpinteiros cos pés mollados), os compañeiros de Terra  de Outes fixeron a botadura dunha dorna que restauraron nos obradoiros realizados no Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira “Estaleiro de Ciprián”:

https://www.facebook.com/feiranauticadofreixo/