Non podemos adiantar moito (“segredo profesional”) pero alá estivemos, no porto de Cabanas, co Mar de Muros e a Visenta, entre outros…
Levamos primeiro o Mar de Muros:
Había que baixar a vela antes de entrar no porto, pois a bocana é estreita e hai moita pedra..
Armados os remos xa vai segura…
De calquera forma, é necesario un “vixía” na proa…
Xa dentro do porto había que asegurarse que libraban os cabos dos mortos para non enganchar o temón…
E buscar o morto no que íamos amarrar nós…
Aínda que facía sol, estabamos en febreiro… e houbo que mollarse… É o que ten varar na praia… (iso e que a area métese polas unións das táboas, facendo cuña, abrindo o barco e facendo que entre auga a bordo…)
Máis complicado foi entrar coa Visenta un día con bastante mar…:
Había que pensar moi ben a maniobra e facela rápido, para non acabar nas pedras…
A nosa patrona máis experimentada foi a encargada de recoller a vela..
O mar axudaba a entrar xa cos remos…
Xa quedaban os dous barcos listos para a “función”…Bonita estampa que nos sitúa en tempos pasados…
Esperamos poder difundir a gravación en breve…