Últimos retoques na Visenta…

Consolidada a amura de estribor e as rodas de proa e popa, faltaba por amarrar ben a estrutura no interior, reforzando os pés de amigo dos bancos, alongando as panas de popa (para facela máis sólida), e cambiando tamén as panas de proa. Houbo que darlle ademais un repaso a toda a regala.

Iso e unha man de pintura, e xa só falta o folio para que poda saír do estaleiro… Xa nos tarda vela no mar!

Estes traballos están cofinanciados pola Deputación Provincial da Coruña.