O tempo seco, en terra,… á Visenta xa lle estaba chegando… Recollímola no asteleiro e Ramón tívolle que dar o “último retoque” para non ir a pique… Estaba moi aberta, e botoulle sebo para selar as fendas e que non entrara auga ao botala ao mar; ao enchoupar e inchar, a madeira bota o sebo para fóra (xa cumprido o seu cometido…).
Grazas a Ramón. de Estaleiros Catoira, e ao seu equipo, que sempre nos tratan de maravilla…
O mesmo para PROMARE, a mariña seca de Muros, que nos agasalla con algunha varada de balde.
Tamén grazas á Deputación da Coruña, que subvenciona o 80% dos custes das reparacións:
Pero aínda necesitamos cubrir o 20% restante! Por favor, anímate a colaborar connosco na preservación deste patrimonio marítimo. Grazas!