“Xogando co mar e o vento”: un achegamento de mocidade e tradición.



Un ano máis, os días 23 e 24 de maio, os rapaces e rapazas do IES Fontexería de Muros e do CEIP Outes de Outes tiveron a oportunidade de achegarse á navegación tradicional na nosa ría.
Dentro do programa da Xunta Xogando co mar e o vento, a asociación Mar de Muros participou co Mar de Muros e unha patroa e un patrón nestas dúas xornadas de disfrute e aprendizaxe da navegación a vela, organizadas pola asociación Terra de Outes, coa colaboración do Concello de Outes, o Centro Náutico do Freixo e o Real Club Náutico de Portosín.
Hai futuro para o patrimonio e a cultura mariñeira!!!