Xornada de navegación 25 maio 2025

Xornada de navegación na que, cinco membros da nosa Asociación, sacaron a canoa Visenta e a buceta Mar de Muros a navegar a bulina pola ría.

A fasquía dos barcos, a vela latina da Visenta, e a relinga do Mar de Muros, luciron durante unhas horas no mar deixando unha fermosa estampa. As manobras de virada na buceta e traslucha na canoa foron numerosas e a tripulación do Mar de Muros, menos experimentada, poido practicar sen dificultade mentres os ventos eran floxos. Cando o vento foi a máis, precisaron da experiencia e axuda dunha compañeira para volver a terra, sen maiores apuros.

Unha fantástica xornada de disfrute e aprendizaxe.