Coñécenos

Mardevelas naceu co apoio e baixo o amparo de Culturmar-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, entidade conformada por preto de medio cento de entidades adicadas á salvagarda do patrimonio marítimo de Galicia e norte de Portugal, singularmente das embarcacións tradicionais. O seu obxectivo común é protexer e divulgar o patrimonio cultural material e inmaterial existente nas nosas costas e ríos. O Proxecto Mardevelas pretende achegar este patrimonio dun xeito máis doado a todas aquelas persoas con inquedanza por coñecer unha parte esencial da cultura de Galicia.

Coñece as nosas mariñas