Inicio

Obxectivo da mariña tradicional

Dar a coñecer as embarcacións tradicionais galegas e facilitar o uso cidadán para descubrir o seu valor e singularidade a fin de preservalas, na procura de que a súa salvagarda sexa un empeño do conxunto da sociedade protagonizada polas comunidades mariñeiras.

 

Próximas navegacións

+ Ver todas

Próximas actividades

+ Ver todas

Últimas novas

8 Marzo 2023

A Silvia Cristina ao espido…

15 Febreiro 2023

A aventureira Corina, de “Coa luz do corazón”, patroneando o Mar de Muros

9 Decembro 2022

O Concello de Muros subvenciona as nosas actividades

O proxecto

As mariñas tradicionais nacen por iniciativa de Culturmar na procura de instalar en distintos portos de Galicia museos vivos destinados a un digno acubillo, á exhibición e a un uso aberto á cidadanía das embarcacións tradicionais. Concíbese no tempo como unha rede homoxénea e interconectada de mariñas con sede en distintos portos: cada mariña conserva a identidade propia do seu patrimonio, o conxunto amosa a variada riqueza da flota tradicional galega.

Materialízanse a través da implicación e colaboración da Administración galega, fundamentalmente da Consellería do Mar, de Portos de Galicia e ao amparo do Proxecto Mardevelas desenvolvido por varios Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro.