π„π§πœπ¨π§π­π«π¨ 𝐝𝐞 π„π¦π›πšπ«πœπšπœΜ§π¨Μƒπžπ¬ π“π«πšππ’πœπ’π¨π§πšπ’π¬ 𝐝𝐞 π„π¬π©π¨π¬πžπ§ππž 2025

Gran fin de semana na que un equipo de cinco membros da AsociaciΓ³n Mar de Muros se achegou coa buceta no remolque ao Centro de Vela de Esposende, en Portugal, para navegar xunto con outras cinco embarcaciΓ³ns galegas e outras portuguesas pola desembocadura do rΓ­o CΓ‘vado. DΓΊas xornadas moi enriquecedoras nas que o ambiente de cooperaciΓ³n entre as tripulaciΓ³ns foi unha constante tanto en terra coma no rΓ­o. Os nosos agradecementos a todas as persoas que fixeron posible estas XIV Xornadas de EmbarcaciΓ³ns Tradicionais de Esposende. Moitas grazas.