Si, dicimos con dificultades porque as embarcacións que viñamos de Rianxo tivemos que loitar contra un vento de proa (como non), esta vez nun espazo limitado para bolinar como é a canle do Ulla; en definitiva, que para chegar a tempo coa marea chea ao Espolón, tivemos que ser remolcados (grazas de novo aos nosos compañeiros que levan motor e ao apoio dado desde o concello de Rianxo).
No Mar de Muros tivemos como tripulantes a remeiros veteranos de Rianxo (grazas a eles tamén poidemos remontar as correntes ao pasar polos lombos do Ulla) e ao noso amigo mariñeiro e artista Xosé Iglesias (que tamén colaborou ao remo).
Bonito ascenso polo Via Crucis marítimo do Ulla, as Torres do Oeste, en Catoira,…
En Vilarello xuntámonos as embarcacións que chegábamos por mar e as que viñan por terra (lugar tamen onde compartimos avituallamento, para repoñer forzas…).
Saímos de Vilarello izando a nosa “branca vela”…
E entrando xa polo Sar, agora sí, a “pan de millo”…
Ao chegar ao Espolón (despois de pasar unha chea de pontes, para o cal houbo que baixar o pau), houbo que arbolar de novo para facer a tradicional homenaxe á nosa poetisa máis querida..
Casi non se cabía no Sar, dado o gran número de embarcacións participantes…