O 18 de outubro tivo lugar a XV Limpeza simultánea de praias, coordinada por ADEGA e coa colaboración de moitos concellos, entre eles o de Muros.
A nosa Asociación Cultural Mar de Muros organizou a limpeza da praia de Ventín, na Abelleira,  e alí reunímonos algúns dos socios e socias ás 11h e tamén algúns convidados.
Aínda que o areal non estaba moi sucio,  recollemos case 30 kg de lixo, principalmente, plásticos: botellas, nasas, cabos e, sobre todo, microplásticos encerellados nas algas e na vexetación das dunas.
Ao remate da faena, aproveitamos para desfrutar dunha comida e bebida, para conversar e comentarmos próximas actividades da asociación.
Foi unha mañá bonita, soleada e moi agradable, polo feito de xuntármonos para facer algo ben importante é necesario: colaborarmos no coidado do medio e do mar, motivo e motor principal da nosa asociación.