Un ano máis, as xornadas de Muros Mira ao Mar trouxeron á vila muradá unha boa representación da frota galega de embarcacións tradicionais, traídas co entusiasmo que caracteriza ás persoas comprometidas co coidado e a divulgación do noso patrimonio mariñeiro. Aínda que o sábado os fortes ventos do nordés fixeron que boa parte dos barcos pequenos non puidesen saír, tanto o venres coma o domingo os participantes desfrutaron das boas condicións do mar. Cómpre destacar a emotiva izada de velas da inauguración das xornadas ao son da Marcha do Antigo Reino de Galiza.