Unha aventura diferente: a subida do Tambre

Si, diferente porque se combina o mar e o río…

A saída foi desde o Freixo, onde teñen o seu amarre a A.C. Terra de Outes, a organizadora. Súbese a ría, tendo cuidado de non embarrancar na Misela; pasamos pola praia de Broña, para logo coller a canle do Tambre, pasando pola Barquiña e deixando a estribor a entrada de Noia. A partir de aquí é importante achegarse ben á terra de babor, para non pasar polas pedras de Punta Peón.

Chegando a Ponte Nafonso hai que baixar o pao, para poder pasar por debaixo da ponte… Unha vez sobrepasada esta, é o momento de empezar a bogar (sempre axudados pola corrente da enchente), pois a vela aquí non sempre axuda…

Parada de rigor no Pazo do Tambre (a repoñer forzas)… Pouco queda xa para o noso destino: a central hidroeléctica, límite da nosa navegada.

Cando dá a volta a marea, e momento de comenzar o descenso, axudados agora, ademais de pola marea, pola corrente do río.

Bonito día de convivencia….