O Piueiro arriba a Muros

Hoxe chegará a Muros o imponente barco volanteiro Piueiro, no seu periplo de regreso ao seu porto base da Guarda, despois de participar xunto con outros 9 barcos tradicionais galegos, entre eles o Mar de Muros, no II Festival Marítimo de Pasaia, onde se convertía nunha das estrelas da festa.
O barco entrará en Muros pola tarde e permanecerá amarrado na Mariña Tradicional de Muros, onde poderá desfrutarse da súa presenza xunto ao resto da frota tradicional con base no noso porto, até mañá pola mañá, cando zarpará con rumbo ás Cíes para arribar á Guarda o domingo.