Primeira xornada de limpeza 2025

Xornada de traballo na que dez membros da Asociación Mar de Muros se afanaron nas tarefas de lavado da canoa e da buceta. Primeiramente, subiron a Visenta á rampa co tradicional método dos roletes e, posteriormente, tocoulle a quenda ao Mar de Muros, que foi transportado a terra no dique seco empregando a moderna tecnoloxía dun guindastre. Faranse falta outras dúas xornadas para dar por rematados os traballos de mantemento: lixado, pintura e patente, para despois seguir desfrutando destas dúas xoias do noso patrimonio marítimo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os traballos de mantemento están subvencionados pola Deputación da Coruña e polo Concello de Muros:

 

Subvencionado pola Deputación da Coruña