XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

A frota tradicional galega prepara as velas para volver navegar, esta vez en Moaña, no XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará nesta vila do 5 ao 8 de agosto. O Encontro representa unha das maiores mostras do patrimonio marítimo e fluvial que se celebran en Europa, con especial atención ás embarcacións tradicionais galegas e do resto das comunidades que nos visitarán.

Toda a información en https://15embarcacionstrad.info/