Este ano a nosa embarcación, Visenta, está pasando uns meses no estaleiro de O Grove, para a súa reparación.

A Visenta é unha canoa muradá que forma parte da tipoloxía denominada como bucetas, tradicionais da Ría de Muros-Noia. Foi doada á Asociación Mar de Muros por Chevito de Lariño, construída en 1934, foi restaurada nun obradoiro de carpintería de ribeira en 2009 no Concello de Muros.

Tén unha fermosa vela mística con 5.15m de eslora e unha manga de 1.66m.