Éxito na nova edición da xornada “Xogando coa Auga e co Vento”, que se celebrou dentro do programa Xogade da Consellaría de Educación o pasado 1 de xuño, con alumnado de 2º da ESO do IES Plurilingüe Fontexería de Muros, e coa colaboración dos Náuticos de Portosín e do Freixo e das asociacións Terra de Outes e Mar de Muros.
Durante toda a mañá tivemos ocasión de navegar nos nosos barcos, aprendendo nomenclatura mariñeira, nós mariñeiros, técnicas de remo, fondeo, manobras de vela, rumbos… En definitiva, unha fantástica xornada na que o alumnado demostrou unha enorme destreza mariñeira.
Nas imaxes podemos ver algúns dos momentos da xornada.
A frota tradicional de Muros está á vosa disposición para seguir aprendendo e desfrutando do noso mar.